Correlingua 2025 encherá Galicia de enerxía e compromiso polo galego

GaliciaXa | LugoXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A nova edición do Correlingua percorrerá Galicia en maio con carreiras e actividades para reivindicar a lingua propia do país.
a-mocidade-activa-correlingua-2025
15 Feb 2025

O Correlingua volverá encher as rúa galegas o vindeiro mes de maio cunha nova edición de carreiras, festas e actividades que reivindican o galego como lingua viva e de futuro. O evento foi presentado en Pontevedra coa participación de representantes institucionais e organizadores, que destacaron a importancia de seguir fomentando o uso do idioma entre a mocidade.

25 anos de Correlingua, un cuarto de século de defensa da lingua

Na presentación, Anxo Terán, presidente da entidade organizadora, destacou que Correlingua cumpre 25 anos grazas ao apoio dos centros de ensino e do alumnado. Baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua viva", a edición de 2025 busca potenciar o compromiso da xuventude co galego, nunha das poucas iniciativas de normalización lingüística en Galiza.

Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, denunciou a falta de apoio da Xunta de Galicia ao evento, malia ser a principal actividade de dinamización da lingua no país. Pola súa banda, Celia Armas, coordinadora comarcal do Correlingua da Coruña, puxo en valor a traxectoria da iniciativa e a súa expansión, que este ano chegará a 11 cidades galegas coincidindo co mes das letras.

O concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez Xunqueira, reafirmou o apoio do seu concello ao evento e á labor do profesorado na defensa do galego. Subliñou ademais a necesidade de que a mocidade asuma o uso da lingua como unha parte esencial da identidade galega e do seu futuro.

 

CALENDARIO DE MAIO

  • martes 6 A Coruña
  • mércorres 7 Cangas
  • mércores 7 Monforte
  • xoves 8 Compostela
  • xoves 9 Vigo
  • martes 20 Mondoñedo
  • mércores 21 Ourense
  • mércores 21 A Estrada
  • martes 27 Ferrol
  • mércores 28 Lugo
  • xoves 29 Pontevedra
0.17769312858582