Cortan desde o luns a rúa García Abad para obras de soterramento dunha liña de alta tensión

LugoXa
Os traballos terán unha duración aproximada de 10 días
rua-garcia-abad-lugo
26 Jan 2025

A área de Mobilidade e Infraestruturas informa que a partir de este luns, 27 de xaneiro, a rúa García Abad será cortada ao tráfico rodado para facilitar os traballos de soterramento dunha liña de baixa tensión.

Os traballos, que teñen un prazo previsto de 10 días, afectarán tamén á avenida da Coruña, máis en ningún momento se interromperá a circulación de vehículos nesta vía ao poder habilitarse o lugar non ocupado para permitir a circulación dos dous sentidos.

Para habilitar o acceso de vehículos que circulan por Rúa García Abad cara a Avenida da Coruña, modificarase temporalmente o sentido da circulación, habilitándoa en sentido contrario ao habitual.

0.13148808479309