Cortan dous días a rúa Fermín Rivera polas obras de reparación do firme

LugoXa
Instalarase sinalización informativa coa suficiente antelación para dar conta destes cortes de tráfico
obras-rua-fermin-rivera-lugo
13 Out 2024

O Concello de Lugo informa de que con motivo da execución das obras de reparación do firme na Rúa Fermín Rivera, faise preciso realizar cortes de tráfico o vindeiro luns 14 de outubro pola tarde e o martes 15 de outubro pola mañá.

Traballarase nesta vía durante toda a xornada laboral de ámbolos dous días, aínda que soamente necesitará o corte total de vía na a reparación que se realizará xunto á Igrexa de San Lázaro, que se efectuará a tarde do luns e mañá do martes.

Instalarase sinalización informativa coa suficiente antelación para dar conta destes cortes de tráfico. O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasionen estes corte de tráfico.

0.1878650188446