Cortan o tráfico en Adai esta tarde polas tarefas de limpeza do río Miño

LugoXa
Hoxe conclúen as laboraes de limpeza do leito do río Miño, en Adai, para retirar pólas e troncos de árbores que estaban obstaculizando a represa da Estación de Tratamento de Auga Potable.
limepza rio adai lugo portada
1 Out 2021

Hoxe conclúen as laboraes de limpeza do leito do río Miño, en Adai, para retirar pólas e troncos de árbores que estaban obstaculizando a represa da Estación de Tratamento de Auga Potable.

Os traballos, que comezaron o pasado venres tiveron que adiarse debido ás tormentas rexistradas ese día e que imposibilitaron a súa finalización.

Os labores, que precisan da intervención de mergulladores e de guindastres para retirar os refugallos, obrigarán, de novo, a cortar o tráfico entre as 15:30 e as 18:30 horas na ponte próxima á estación Potabilizadora.

As restricións afectarán, nomeadamente, ás parroquias de Adai e Meilán polo que o Concello habilitará tres accesos alternativos.

As persoas que precisen desprazarse pola contorna nese horario poderán facelo:

  • ben pola ponte sobre o Miño, na N-540 (antiga Ponte Nova), por Monte Segade e a estrada municipal de Orbazai;
  • pola Ponte Branca – que conecta a N-VI con San Lázaro, na Estrada Vella de Santiago e Fermín Rivera, en dirección Orbazai,
  • ou ben, pola Ponte de Ombreiro, na estrada autonómica LU -234 que une Lugo e Friol.
limpeza rio adai lugo
0.1992130279541