Cortapezas, en Portomarín, celebra as súas festas do 6 ao 8 de marzo
LugoXa
A parroquia de Cortapezas, en Portomarín, celebra as súas festas na honra a Santa María os días 6, 7 e 8 de marzo.
3 Mar 2024
A parroquia de Cortapezas, en Portomarín, celebra as súas festas na honra a Santa María os días 6, 7 e 8 de marzo. A programación comeza o venres 5 a partir das 21.30 cunha gran churrascada popular e unha festa e verbena da man da orquestra Cinema e unha disco móbil.
O sábado haberá misa solemne, sesión vermú coa orquestra Escaparate, que tamén amenizará a verbena a partir das 23.30 horas. o domingo de novo organizarase unha misa solemne e procesión, seguidas da sesión vermú co dúo Eclipse.