Cristina López comeza unha visita polas parroquias protagonistas do calendario do Concello

LugoXa
A nova edición de 'A Terra entre as mans II', recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade
calendrio-lugo-ombreiro
25 Jan 2025

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, achegouse ata Ombreiro onde se xuntou coa veciñanza para entregar o calendario de 2025 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo.

A edil de Participación comeza deste xeito unha rolda de visitas ás distintas parroquias que forman parte do proxecto, "un gran éxito cada ano que nos fai manter un serio compromiso para visibilizar o rural de Lugo e súa historia".

López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e do seu importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".

Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario A Terra entre as mans II nas oficinas da área de Participación.

0.17424488067627