Cristinica Gómez presenta a súa novela na Librería Trama de Lugo

LugoXa
A autora estará presente para falar da súa obra, que se enmarca nas Xornadas sobre Prevención de Suicidio de Stop Suicidio Galicia
Puta-loca-de-Cristinica-Gómez
7 Feb 2025

O sábado 8 de febreiro, ás 12.00 horas, terá lugar na Librería Trama de Lugo a presentación do libro Puta loca de Cristinica Gómez, publicado por Editorial Imperium.

A autora estará presente para falar da súa obra, que se enmarca nas Xornadas sobre Prevención de Suicidio de Stop Suicidio Galicia.

Estas xornadas, que buscan sensibilizar sobre a importancia da saúde mental, inclúen tamén a proxección do documental El Estigma del Silencio, dirixido por Sergio Hernández e narrado por Camilo García e María Rozalén, esta tarde de venres ás 19.00 horas no Centro Social de Fingoi, en Lugo.

O documental, que aborda a realidade do suicidio en todas as idades, ten como obxectivo combater o estigma asociado a este tema e fomentar o diálogo sobre a saúde mental.

Con 9 candidaturas aos Premios Goya 2025, o documental busca ofrecer unha mirada honesta e aberta sobre un tema tan delicado como o suicidio, convidando á reflexión e á superación do silencio que rodea á saúde mental.

A presentación de Puta loca e a proxección do documental son parte dun importante movemento para concienciar á sociedade sobre a importancia da prevención e do coidado da saúde mental.

0.17460489273071