Mar Carballas e Flor Rubinos presentarán ante o Valedor do Pobo unha petición de amparo

O Partido Popular esixe aos gobernos da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo que retiren calquera tipo de axudas ou financiamento público a calquera asociación ou Federación de veciños que “vete o acceso a actos públicos a calquera persoa pola súa orientación ou afiliación política” e consideran “inadmisible” que se vetase o acceso a un pregón público a dúas concelleiras do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo.
“Este suceso debe de marcar un antes e un despois nas relacións destas asociacións e Federación Veciñal coas administracións xa que os cartos públicos non poden destinarse a persoas que discriminan pola ideoloxía ou afiliación política de calquera persoa, ou incluso por outro tipo de motivos”.
O voceiro popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, explicou que “a Feira da milagrosa conta con financiación directa da Deputación de Lugo, polo que seguiremos con todo detalle a financiación coa que contan este tipo de asociacións ou Federacións por parte de entes públicos, que semella están a soster un conglomerado de asociacións que dende onte deixaron claro que renuncian á democracia”.
PETICIÓN DE AMPARO AO VALEDOR DO POBO
Ademais, as concelleiras Mar Carballas e Flor Rubinos presentarán ante o Valedor do Pobo unha petición de amparo, reclamando protección dos seus dereitos políticos e institucionais logo de que se lles impedise a asistencia ao pregón da Feira de productos do campo e artesanía da Milagrosa.
Así, explicaron que a denegación do acceso a un acto por pertencer a un partido político "vulnera o dereito fundamental de participación en asuntos públicos, tal e como se recolle no artigo 23 da Constitución Española, así como noutras normativas como o decreto 226/2022 que regula aspectos de organización y desarrollo de espectáculos públicos (artigo 13-14-17)". Ademais, o delito de odio está tipificado no artigo 510 no Código Penal.
Os populares lamentaron que socialistas e nacionalistas, lonxe de condenar esta práctica, "foméntana co seu silencio. Pasaron tres días dende este veto inxustificable: nin o PSOE, nin o alcalde, Miguel Fernández; nin o BNG fixeron nin un só mensaxe de apoio as afectadas”.
O PP reitera o seu rexeitamento a calquera xesto que ameace a convivencia pacífica e a pluralidade democrática en Lugo, e confía en que a intervención da Valedora do Pobo estableza un marco de garantías para impedir que se repitan esta situación.