Cs Lugo critica o retraso na apertura da nova praia fluvial do Miño

LugoXa
Cs Lugo denuncia que a área de baño no Miño debería ter comezado a funcionar o 15 de xuño alerta asemade de que o retraso será prolongado.
Simulación da Plataforma de Baño Pública I
23 Xuño 2022

Cs criticou o retraso do Goberno local de Lugo, na apertura da nova praia fluvial do río Miño. A concelleira da formación, Olga Louzao, considerou “inadmisible” que esta instalación estea nunha fase “moi atrasada” de ensamble e construción cando, segundo informou o Goberno local, a súa data de entrada en funcionamento era o 15 de xuño.

“Desgraciadamente asistimos a un novo capítulo da saga de promesas incumpridas por Lara Méndez e o seu goberno ao que xa non queda nin un chisco de credibilidade. Máis aló dos anuncios grandilocuentes, non existe ningún tipo de xestión. Póñense en evidencia eles sós. En etse caso só axúdalles a meteoroloxía, porque xa van 10 día s deretraso. Aos feitos remítome. É inadmisible a falta de previsión mostrada pola alcaldesa”, afirmou a edil da formación laranxa.

Louzao advertiu que o atraso será prolongado e que non existe unha data para a súa apertura, polo que parte do verán está perdido pola nefasta xestión municipal neste asunto.

“Interesámonos pola situación do proceso de construción e preguntamos en comisión o motivo do atraso. Hoxe mesmo o concelleiro responsable, Miguel Fernández, recoñeceu na comisión que existe un atraso importante na chegada de material. A consecuencia de empezar estes traballos tarde é que os veciños e veciñas de Lugo apenas poderán gozar este verán dun equipamento comprometido desde fai máis dun lustro. E o máis grave de todo é que, cando debería levar 10 días funcionando, aínda non existe unha previsión apra a súa apertura”, sinalou a concelleira.

“Trátase dun auténtico despropósito. Esta obra contaba cun prazo de execución de tres meses. Con todo, o Concello non proporciono a situación necesaria para que a empresa comezase a construción ata o mes de xuño. É lamentable que o propio Concello sexa incapaz de tramitar a documentación necesaria nos seus propios traballos. A cidade está paralizada e este suceso ilustra á perfección o lastre que supón para o municipio este bigobierno”, dixo.

“Esiximos á alcaldesa que se deixe de facer propaganda e póñase a traballar. É necesario que se dea prioridade a esta obra e que os veciños e veciñas poidan gozar desta zona de lecer, canto antes este verán. O retarso na execución ten outros problemas asociados como o económico, xa que preto de 60.000 euros en mobiliario e vestiarios están gardados nunha nave á espera da apertura, e moitas incógnitas por resolver, como é o servizo de socorrismo que a día de hoxe aínda non está en funcionamento e descoñécese o número de socorristas que existirá nesta área así como as quendas”, concluíu.

0.19997310638428