Culturactiva achega a Lugo a función teatral sobre a figura de Castelao
Este domingo día 25 de febreiro o auditorio municipal Gustavo Freire acolle a función Castelao a partir das 18.30 horas. O equipo de Culturactiva S. Coop. Galega, Fina Quella e Paula Carballeira, levará ás táboas do teatro a figura de Alfonso R. Castelao, posiblemente o maior referente cultural do noso país.
Para atrapar a este público mozo, propoñen unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre as costas dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao (Cris Collazo) e a súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que a inmediatez da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar farase notoria para Xoaquina.