Curso de apicultura sustentable en Navia de Suarna
A Escola da Barcia en Navia de Suarna acollerá un curso formativo de 20 horas sobre apicultura sustentable no que se afondará na realización dun bo manexo agroecolóxico nas colmeas. Será os días 19, 20, 26 e 27 de marzo e 2 de abril en horario de mañá. De 10.00 a 14.00 horas.
Para poder participar nesta actividade será preciso anotarse no teléfono 722 180 038 ou a través do correo lugo@sindicatolabrego.gal
A formación organizada pola entidade Os Ancares Lucenses Reserva da Biosfera, o Sindicato Labrego Galego a Deputación de Lugo co que colabora o Concello de Navia de Suarna.
Este curso é apropiado para persoas que teñen un pouco de experiencia no sector como tamén os que xa teñen un elevado grado de coñecementos do mesmo xa que se abondará o tema de como ser máis rendible co número adecuado de colmeas, os traballos correctos en tempo e forma, etc.
Este curso proporcionará aos interesados as nocións básicas para poder manter unha colmea sen caer en mitos e malas praxis que poden conducir á perda de tempo, cartos e sobre esforzos chegando a perder tamén as colmeas pola súa morte.