Dan comezo os traballos de renovación da avenida das Américas

LugoXa
Os traballos no novo asfaltado na avenida das Américas dará comezo hoxe segundo infroma o tenente alcalde Rubén Arrox que explicou que "o obxectivo é que esta renovación se complete durante este mesmo mes".
Arroxo avenida americas
21 Aug 2023

Os traballos no novo asfaltado na avenida das Américas dará comezo hoxe segundo infroma o tenente alcalde Rubén Arrox que explicou que "o obxectivo é que esta renovación se complete durante este mesmo mes". Intervirase no treito da avenida das Américas que vai dende a rúa Pomar ata a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen.

O tenente alcalde afirmou que esta actuación da continuidade ao traballo realizado no pasado ano. "Comezamos coa renovación da parte final da rúa, o que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos co obxectivo de renovar esta rúa por completo".

“Para reducir as molestias ocasionadas pola corte do tráfico na Avenida das Américas durante uns 6 días” explicou Rubén Arroxo. Dende o Concello de Lugo contempláronse cambios nos tránsitos usuais do tráfico rodado, incluíndo a incidencia e cambios nas liñas e paradas de autobuses urbanos afectadas, tratando de reducir ao máximo as molestias á veciñanza.

Nunha primeira fase, correspondente ao corte da avenida das Américas dende a Praza Fonte dos Ranchos ata a glorieta da Rúa Pomar, a saída da cidade distribuirase por dúas alternativas. A primeira delas, corresponderase ao itinerario Rolda do Carme dende a Praza Fonte dos Ranchos – Marqués de Ombreiro – Rúa Alcalde Carlos V. Pimentel e glorieta da Avenida das Américas. A segunda, comezará na Praza Fonte dos Ranchos – rúa Doutor Ochoa – Rúa da Saúde e Rúa Pomar, na que se mudará o sentido da circulación.

Estes cambios, afectarán ás liñas 5DS, 5.1, 5E, 5.2, 8 e 11 que, logo de superar os tramos provisionais con parada nas rúas indicadas, se incorporarán de novo cumprindo o recorrido habitual.

A entrada á cidade pola Avenida das Américas tamén se verá afectada. Dende a glorieta de confluencia con Rúa Pomar ata a Praza Fonte dos Ranchos, a entrada a Lugo dirixirase pola Rúa Pomar - Rúa da Saúde – Rúa Río Ulla – Rúa Azalea e Rolda do Carme, con cambio de sentido.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14995908737183