Daniel Castro anuncia en Lugo a recuperación dos Noitebús para a mocidade

LugoXa
O número 2 da candidatura do BNG en Lugo, Daniel Castro, participou nun encontro de mocidade organizado por Galiza Nova en Lugo, onde presentou as principais liñas do BNG destinadas a mellorar a calidade de vida das mozas e mozos galegos.
daniel_castro_bng_mocidade_lugo
4 Feb 2024

O número 2 da candidatura do BNG en Lugo, Daniel Castro, participou nun encontro de mocidade organizado por Galiza Nova en Lugo, onde presentou as principais liñas do BNG destinadas a mellorar a calidade de vida das mozas e mozos galegos. "Os 15 anos de goberno do PP na Xunta fixeron que as mozas e mozos de Gaiza teñamos que escoller entre a precariedade e a emigración, só un goberno do BNG pode darlle a volta a esta situación e garantir que poidamos desenvolver o noso proxecto de vida na nosa terra".

Daniel Castro defendeu que a política destinada á mocidade dean solución “aos problemas da mocidade galega e garantan o noso futuro, políticas que se executen desde todos os departamentos do goberno para garantir unha boa execución das mesmas, mellorando a vida das mozas e mozos de Galiza".

O BNG realizará un estudo específico sobre a situación laboral da mocidade galega, que servirá como base para a elaboración dun Plan de Emprego Xuvenil que garanta a inserción laboral das mozas e mozos, rachando coa precariedade e a temporalidade laboral, ademais de poñer en marcha un plan de fomento e apoio para a creación cultural.

Castro anunciou que o BNG executará o Plan Retorna, que facilitará a volta á casa da mocidade emigrada, xunto con medidas destinadas para reverter a situación de emigración forzosa que atravesa Galiza, facilitando o acceso a un traballo digno para as mozas e mozos, o aumento do investimento en I+D+i e o apoio aos sectores productivos e industriais.

No tocante ao lecer, Castro anunciou a recuperación dos Noitebús, reducindo a dependencia dos vehículos privados, xunto coa elaboración dun novo plan de mobilidade "creando liñas de bus interurbano que conecten os núcleos de poboación con frecuencias útiles para as veciñas e veciños".

0.21373987197876