Dano Cerebral Galicia impartirá unha charla informativa en Antas de Ulla

LugoXa
Esta sesión constitúe unha oportunidade importante para mellorar o coñecemento sobre esta discapacidade e os recursos para a súa atención na contorna
concello-de-antas-de-ulla
31 Mar 2025

Dano Cerebral Galicia, a Federación que agrupa as cinco asociacións dedicadas a esta discapacidade na comunidade autónoma, levará o martes 1 de abril á localidade de Antas de Ulla unha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido.

O evento terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura, a partir das 18.00 horas, e estará aberto a todo tipo de público.

A charla ten como obxectivos principais informar sobre as causas do dano cerebral adquirido, tales como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos, describir as secuelas derivadas destas condicións, sensibilizar sobre a importancia da prevención, e proporcionar información sobre os recursos de atención dispoñibles na zona, encabezados por Dano Cerebral Lugo.

A actividade, que terá unha duración estimada de hora e media, está organizada en colaboración co Concello de Antas de Ulla. A asistencia á charla é gratuita, pero é necesario inscribirse previamente chamando ao 982 379 251, número do Concello de Antas de Ulla.

Esta sesión constitúe unha oportunidade importante para mellorar o coñecemento sobre esta discapacidade e os recursos para a súa atención na contorna.

⚙ Configurar cookies
0.059489965438843