Dano Cerebral Lugo recupera o seu obradoiro de memoria con sesións presenciais e en liña

A asociación Dano Cerebral Lugo anuncia a reactivación do seu “Taller de Memoria”, unha iniciativa que busca reforzar as capacidades cognitivas das persoas participantes e que dará comezo o vindeiro luns 15 de setembro.
As sesións estarán dirixidas pola neuropsicóloga Elisa e celebraranse todos os luns en dúas modalidades: un grupo presencial e outro en liña, co obxectivo de facilitar a participación a quen non poida desprazarse. Os horarios concretos confirmaranse nos próximos días.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes do venres 12 de setembro, a través do teléfono 663 08 53 91.