David Fiuza reincorpórase como director da Banda Municipal de Música de Lugo

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello ao director da Banda Municipal de Música
david-Fiuza
22 Xul 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello ao director da Banda Municipal de Música, David Fiuza, quen lle comunicou formalmente a súa intención de reincorporarse ao cargo, a partir de setembro, tras o seu período de excedencia.

Durante o encontro, no que ambos abordaron diferentes aspectos de coordinación e planificación de cara a incorporación de Fiuza, Alvarellos expresou a súa satisfacción por “unha gran noticia para a cidade. Aínda que esperada, foi unha alegría cando recibín a túa comunicación, porque estou convencida de que a túa volta vai ser clave tanto para a Escola Municipal de Música como para a reactivación da nosa Banda”.

0.18750786781311