David Fiuza volverá á dirección da banda a partir do mes de setembro
LugoXa
A rexedora valorou esta noticia como moi positiva e anunciou a súa intención de manter un encontro co traballador
18 Xul 2024
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou hoxe que o director da Banda Municipal de Música do Concello de Lugo, David Fiuza Souto, comunicoulle formalmente a súa intención de reincorporarse ao seu posto a partir do 9 de setembro, unha vez concluído o seu período de excedencia.
A rexedora valorou esta noticia como moi positiva e anunciou a súa intención de manter un encontro co traballador municipal ao longo dos próximos días.
"O regreso David Fiuza é algo co que xa contabamos pero non por iso menos relevante. Sen ningunha dúbida a súa incorporación supoñerá un impulso tanto para a Escola Municipal de Música como para a Banda da que agardamos poida recuperar canto antes a súa actividade", informou a rexedora.