De Los Enemigos a Micah P. Hinson: arranca en Lugo o Facela Fest co mellor da música independente

LugoXa
O festival de música independente Facela Fest regresa a Lugo na súa oitava edición.
facela_fest_2023
9 Maio 2024

O festival de música independente Facela Fest regresa a Lugo na súa oitava edición. Dende este xoves e ata o sábado xuntaranse destacadas bandas e artistas de ámbito nacional e internacional na cidade. Los Enemigos e Micah P. Hinson forman parte do cartel xunto con Josh Rouse, Lisabö, Pablo Und Destruktion, Florent y yo, Aiko, Parade, Sunfruits, Alarido, Las Tropigóticas, Beach Avenue, Auto Sacramental, The Black Wizards e Carabela.

O Facela Fest 8 inaugúrase ás 22.00 horas no histórico Club Clavicembalo. O venres e o sábado, trasladáranse aos exteriores do auditorio Gustavo Freire para gozar da mellor música independente internacional.  O Facela Fest é un festival de autor onde prima a calidade das bandas participantes.

Un festival de música independente que se diferencia doutros festivais de música do país polo seu coidado e arriscado cartel.  Dende a organización defenden que non se trata doutro festival clónico, senón unha clara aposta pola diferenciación, coa cultura como eixo fundamental.

0.16572904586792