Degustacións, obradoiros artesanais e música, na Feira do Ano de Gomeán, no Corgo
A carballeira de Gomeán, no Corgo, acollerá o vindeiro 11 de agosto unha nova edición da Feira do Ano de Gomeán, organizada pola Asociación de Veciños O Salgueiriño que en 2021 se propuxo recuperar a tradición das feiras que antano se celebraban na localidade corguesa. A cita presentouse no Pazo de San Marcos, coa participación de representantes da asociación corguesa, do deputado de Rural Daniel García e da deputada de Cultura Iria Castro, que valoraron “o interese
da asociación en revitalizar e reivindicar a tradición rural e gandeira do Corgo coa celebración desta xornada”.
Máis dunha ducia de obradoiros de oficios artesanais e actividades relacionadas coa vida rural e a actividade agrogandeira como unha demostración de ferrado de cabalos, unha exhibición de poda en altura ou un concurso de manexo de porco celta manterán o interese de todas as persoas que se acheguen ao recinto feiral, que acollerá tamén unha mostra de razas autóctonas , degustacións de produtos de razas autóctonas -pinchos variados de produtos de galiña de Mos e un menú de
cachena – e maquinaria agrícola clásica con Muvicla.
Programa
10.30 h. Apertura da feira.
Demostración de oficios artesanais. (Toda a xornada)
• Blas Piñar fará unha fermosa lámpada dunha cabaza
• Traballarémolo ferro con Jorge Eiroa Ferreiro Artesanal
• Aprenderemos a traballar o barro con Ceniza de papel e La Bellota Mágica
• Con Álvaro Pin, o zoqueiro máis novo de Galicia, faremos unhas zocas
• O último silleiro de Tórdea, Luís de Xan, ensinaranos o seu oficio
• Marcos Ladra realizará talla en madeira
• Xaneco Tubío ensinaranos a facer instrumentos de percusión
• Desfrutaremos dunt aller de cantería con José Luis López Rodríguez
Mostra
• Mostra/exposición de animais de razas autóctonas.
• Exposición de maquinaria agrícola clásica con Muvicla
• Historia de Gomeán a través da exposición de fotografía antiga.
• Exposición de instumentos de música tradicional galega
Actividades
11:00 h. Demostración de ferrado de cabalos con Rego de Laxosa
11.15 h. Pasacalles a cargo da Legua Dereita
11.30 horas. Degustación de produtos de Galiña de Mos Ración de pinchos variados a cargo de Granxa Aeiroá por 2 euros.
11.30 horas. Exhibición de poda e rescate en altura con David Barral Carregal
12.00 horas. Concurso de manexo de Porco Celta Os porcos máis rápidos da provncia competirán no II Concurso Provincial de Manexo d ePorco Celta na feira do ano de Gomeán.
12.30 horas. Música de raíz a cargo da Fundación Legar
13.00 horas. Exhibición de cetraría
13.30 horas. Menú degustación con carne de Tenreira Cachena
16.30 horas. Charanga Km0