Degústanse máis de 200 litros de viños en Negueira de Muñiz

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este sábado á 14º edición da Festa do Viño de Negueira de Muñiz, declarada Festa de Interese Turístico Galego que congrega a centos de persoas neste municipio da Montaña.
festa_do_vino_negueira_de_muniz
20 Apr 2024

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este sábado á 14º edición da Festa do Viño de Negueira de Muñiz, declarada Festa de Interese Turístico Galego que congrega a centos de persoas neste municipio da Montaña. Durante a xornada poderán degustarse máis de 200 litros destes viños elaborados con uva Mencía, Branca Lexítima, Verdello ou Serodo distinguidos coa IXP Terras do Navia.

Ademais, haberá actividades lúdicas para todos os públicos, música tradicional a cargo do grupo Nubeiro, actuacións do Dúo Samba e a orquestra Compostela e o pregón a cargo de Fran, quen fora capitán do Deportivo da Coruña.

Ata Negueira de Muñiz tamén se achegou a subdelegada de Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que felicitou un ano máis ao alcalde, José Manuel Braña, e á asociación de viticultores por consolidar esta cita imprescindible, escaparate das producións e o viño local desta zona da montaña lucense.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21388101577759