Demandan a protección dun niño de cegoña en Outeiro de Rei
TerraChaXa | LugoXa
O BNG de Outeiro de Rei vén de solicitar ante o concello que se protexa o niño de cegoña con crías que hai no cruce da N-VI.
14 Jun 2021
O BNG de Outeiro de Rei vén de solicitar ante o concello que se protexa o niño de cegoña con crías que hai no cruce da N-VI coa estrada de acceso á urbanización de Guillar.
Segundo explica, este niño, dadas as obras que se están a realizar na zona, corre serio risco de ser destruído, sobre todo se proceden a cambiar o poste de electricidade mentres que as cegoñas están en época de crianza.
"Debido á coñecida falta de sensibilidade polo patrimonio demostrada polo alcalde, tanto polo histórico e cultural como polo natural, o BNG decidiu presentar este escrito onde se comunica ao concello a situación e se solicita que se tomen as medidas precisas para a protección deste niño", afirman.