Demostracións, degustacións e música na Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde

LugoXa
O programa arranca ás 10.00 horas coa apertura da feira para dar paso a unha concentración de motos e coches clásicos
feira_gastronomia_castroverde
28 Xul 2024

As pezas artesanais e a gastronomía volverán a ser protagonistas en Castroverde. O municipio prepara unha nova edición da Feira de Artesanía e Gastronomía que chega a súa décimo sétima convocatoria. Será o 18 de agosto no recinto feiral e haberá demostracións de oficios tradicionais, degustacións de produtos gastronómicos e actuación musicais.

O programa arranca ás 10.00 horas coa apertura da feira para dar paso a unha concentración de motos e coches clásicos. Xa ás 11.30 darán comezo a demostración de elaboración de esculturas de madeira da man de Eugenio Linares e Marcos Ladra. A feira inaugurarase ás 12.00 horas e contarán coa actuación de Zuncurrundullo e da Falcatrueiros.

O pregón virá da man de Nicolás Susena Presas, párroco no concello. Posteriormente, actuará a charanga Louband e os asistentes desfrutarán dun xantar típico galego. Pola tarde os cativos poderán gozar de festa de inchables nas piscinas. Ademais haberá máis música e actuación e representación teatrais a partir das 18.30 horas, tamén nas piscinas.

O circo a cargo de Sempre Arriba tamén achegará a Castroverde o seu espectáculo Hoxe sí e tamén haberá unha actuación de maxia con Ian e Elisa que amosarán o seu espectáculo Maxia sen trucos na Praza do concello ás 20.30 horas.

programa_feira_artesanía_castroverde
0.20026612281799