Dende a área de Mobilidade manteñen unha xuntanza coa veciñanza da rúa Pedáneo Xoán Diego

LugoXa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas mantiveron unha xuntanza coa veciñanza da rúa Pedáneo Xoán Diego para recoller as súas opinións
Ruben arroxo alexandre penas
4 Dec 2022

Rubén Arroxo e Alexandre Penas mantiveron unha xuntanza con veciñas e veciños da rúa Pedáneo Xoán Diego, onde recolleron as opinións das persoas que residen na zona para, segundo declarou o tenente alcalde “avanzar na mellora integral das zonas periurbanas de Lugo, tendo en conta as necesidades que nos acheguen as veciñas e veciños que residen na zona”.

Rubén Arroxo e Alexandre Penas convocaron á veciñanza da rúa a unha xuntanza "para buscar unha solución de consenso que permita unha boa accesibilidade peonil nesta rúa".

A área de Mobilidade promoveu esta xuntanza para tratar as distintas solicitudes achegadas pola veciñanza, nas que se propuxeron distintas solucións para a rúa, como a unidireccionalidade da rúa ou a instalación de elementos de calmado do tráfico.

"Desde o goberno municipal seguimos traballando nunha cidade na que os peóns sexan o centro da mobilidade", afirmou Rubén Arroxo, que destacou as diversas medidas postas en marcha para este fin "como a realización de pasos de peóns elevados ou as distintas peonalizacións que se están a levar a cabo e a proxectar".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16802310943604