Dende a Asociación de Veciños Roque Santo denuncia a mala iluminación en San Roque

LugoXa
A Asociación de Veciño Roque Santo denuncia a mala iluminación que hai na rua San Roque e piden a súa mellora
Portada iluminacion san roque
19 Nov 2022

A Asociación de Veciños Roque Santo denuncia  "o lamentable estado da iluminación pública da rúa San Roque, que une a avenida de Madrid coa Rolda da Muralla".

Desde a asociación declaran que "a escasa potencia que teñen os farois que iluminan dita rúa, provocan unha sensación de inseguridade aos habitantes da zona, xa que a iluminación está obsoleta e é ineficiente desde o punto de vista enerxético". Por estes motivos piden "a renovación da iluminación pública con luminarias modernas, de alta potencia, pero baixo consumo e respectuosas co Medio Ambiente.

Solicitan á concellería de Infraestruturas do Concello de Lugo que "proceda á súa remodelación con carácter urxente, dada a importancia que supón na vida diaria de miles de persoas e cambie os farois actuais que dan unha luz amarelada que apenas ilumina a rúa.

0.20104813575745