Dende contacontos ata obradoiros en Lugo: Raiolas visibiliza o TEA no Día Mundial de Concienciación do Autismo
Este martes 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación do Autismo que este ano ten como lema “Autismo preto de ti". A campaña pretende visibilizar que as persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) están ao noso lado, máis cerca do que pensamos.
A Asociación Raiolas Lugo súmase a esta campaña un ano más cun programa de actividades que abranguen dende contacontos ata obradoiros. Nesta xornada, a fachado do Concello, a pasarela peatonal Tanxugueiras e a Deputación iluminaranse en azul.
A partir das 11.30 terá lugar a lectura do manifesto, para logo proceder a realizar un infinito humano coa axda dos usuarios da entidade e entrevistas aos cidadáns. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, organizaranse contacontos da man de Victoria Bravo e un obradoiro de chapas, pinta caras e globoflexia. Todas as actividades realizaranse diante do Concello, onde se colocará un punto de información.