Dende modelar o barro ata traballar o coiro: así celebra o Centrad os Días Europeos da Artesanía

LugoXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía do 4 ao 7 de abril con actividades.
centrad_artesania
27 Mar 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía do 4 ao 7 de abril con actividades. O programa, que terá lugar en horario de mañá e tarde no Centro de Artesanía e Deseño, inclúe obradoiros e demostracións de coiro, cerámica e teares elaborados por cinco artesáns.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou a importancia deste encontró que nace “co obxectivo de achegar ao público os segredos do traballo de artesás e artesáns e difundir a súa enorme riqueza e singularidade”. Animou tamén á veciñanza a inscribirse nestas xornadas que “pretenden dar a coñecer a riqueza e singularidade da artesanía lucense”.

O Centrad participa nestas xornadas abrindo o centro a todos aqueles veciños e veciñas que queiran ver en directo o traballo que realizan, que ferramentas e materiais utilizan. “Tamén poderán experimentar as sensacións de tocar o barro e facer unha peciña, ou traballar o coiro así como sentar diante dun tear para a confección dunha pequena mostra”, explicou.

0.17112803459167