Denegan o permiso ao parque eólico previsto entre Guntín, Monterroso e Portomarín

LugoXa
A Consellería de Economía, Industria e Innovación denegou a solicitude de autorización administrativa e construción do parque eólico Ligonde-San Simón, que estaba proxectado entre os municipios lucenses de Guntín, Monterroso e Portomarín.
11 Xan 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta resolución pola que se arquiva o expediente despois de que este parque non superase o trámite ambiental a comezos de 2023.

Este parque eólico estaba impulsado por Enel Green Power España, que aceptou o acordo notificado. Así, cancelouse a garantía depositada pola empresa de 576.000 euros.

A resolución, con data de 20 de decembro de 2023, está asinada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila.

0.19791507720947