Denuncian a “falta de iluminación" no Barrio da Residencia e na Avenida das Américas

LugoXa
Os veciños solicitan que nos orzamentos do ano 2025 estea contemplada unha reforma integral do alumeado do Barrio da Residencia e da Avenida das Américas
Avenida americas
23 Dec 2024

Desde a Asociación Veciñal Trapero Pardo – Barrio da Residencia critican a “falta de iluminación que xera inquietude e inseguridade, prexudicando a comerciantes e veciños”.

Así, informan de que recentemente se xuntaron veciños do barrio da Residencia e da Avenida das Américas para facer chegar á Concellería de Vías, Obras e Alumeado de Lugo que hai varias rúas “mal iluminadas”.

No lado esquerdo da rúa Cova da Serpe, din que non hai focos; no lado esquerdo da rúa Doutor Ochoa, desde Fonte dos Ranchos á entrada da Residencia, del lado esquerdo din que tampouco hai luminarias, así como na rúa Trapero Pardo, “desde a entrada da rúa á mano dereita e ata a rotonda, do lado dereito, non hai farois, ao igual que na rúa Pintor Pacios, na rúa da Pomba e na rúa da Herba”.

Ademais, as rúas Tino Prados, Xoán Carballal, Rúa Pomar, Rúa Ameneiro, Río Ulla, Río Lor e Serra Gañidoira “contan con moi mala iluminación ou só están iluminadas dun lado”, explican.

Din que o problema é que “o alumeado destas rúas é moi antigo, a maior parte ten 50 anos, polo que é de pouca potencia e moi contaminante”, engaden.

Por iso, solicitan que nos orzamentos do ano 2025 estea contemplada unha reforma integral do alumeado do Barrio da Residencia e da Avenida das Américas, substituíndo o actual alumeado por un máis potente e de menos consumo, polo que menos contaminante”, destacan.

0.14442205429077