Denuncian actos vandálicos no parque infantil de Campo Castelo en Lugo
O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou os actos vandálicos levados a cabo no parque infantil de Campo Castelo –recentemente renovado–, que supuxeron o estrago de dúas camas elásticas. Fernández lamentou o “comportamento inxustificable de quen atopa divertido estragar os recursos e mobiliario urbano de todas e todos, privando ás crianzas disfrutar dun espazo con moita afluencia”.
O Concello procedeu a valar a zona afectada para evitar riscos de caídas e xa traballa na substitución das camas afectadas. “O proceso de solicitude do material e remplazo das mesmas podería dilatarse varias semanas”, explicou o edil, quen subliñou que a Policía Local está a investigar os feitos. Fernández pediu colaboración á cidadanía para respectar os espazos públicos e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos”.
O responsable de Transición Ecolóxica insistiu en apelar á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan estas situacións. “É importante chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala. Como comunidade debemos denunciar estes actos ", apuntou.