Denuncian o abandono da pista municipal de Caldelas e reclaman o desbroce urxente das vías en Portomarín

A falta de mantemento da pista municipal de Caldelas volveu poñer en evidencia, segundo denuncian desde a oposición, a deixadez do Concello de Portomarín en relación co coidado das infraestruturas viarias do municipio.
O PSOE crítica co goberno local asegura que, malia estar xa en pleno mes de xullo, "a maioría das pistas municipais continúan sen desbrozar e completamente cubertas pola maleza", o que cualifican de "inadmisible".
Ante esta situación, avanzan que no próximo pleno municipal solicitarán que se acometa de forma urxente o desbroce da totalidade das vías de titularidade municipal.
Segundo indican, é imprescindible actuar canto antes para garantir tanto a seguridade viaria como a prevención de incendios.