Denuncian que Negueira de Muñiz quedará sen médico todo o mes de xullo

O alcalde deste municipio asegura que a situación “está descontrolada, se alguén se pon enfermo terá que acudir PAC de Fonsagrada"
Concentración-A-Fonsagrada-sanidade
Concentración-A-Fonsagrada-sanidade
2 Xul 2024

O PSdeG e o BNG seguen coas concentracións para reclamar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.  O PSdeG denuncia que durante todo o mes de xullo non atenderá ningún médico en Negueira de Muñiz. O alcalde deste municipio da Montaña, José Manuel Braña Pereda, denuncia que a situación “está descontrolada, se alguén se pon enfermo terá que acudir PAC de Fonsagrada cos conseguintes custos económicos e inconvenientes de mobilidade para a nosa veciñanza”, criticou.

Veciños e veciñas desta localidade concentráronse diante do Centro de Saúde da Fonsagrada para denunciar “esta situación tan grave para nós. Novamente a veciñanza do rural e da Montaña Lucense é máis prexudicada polos recortes do PP en atención sanitaria. Levamos dende novembro con faltas constantes ”, advertiu o rexedor. “Esta debe ser a enésima vez que nos concentramos, levamos moitas protestas porque este é un tema moi preocupante. En lugares como o noso, un pequeno concello da Montaña Lucense cunha poboación altamente envellecida, evidenciase de xeito moi latente os drásticos recortes que estamos sufrindo toda a Montaña na atención primaria”.

Nesa liña argumenta que “o modelo do PP e de Feijóo son os recortes e o conformismo, en lugar de buscar solución aos problemas de recursos sanitarios na nosa provincia, que fai o PP?”, preguntouse. “Mira cara a outro lado a esperar a que pase a marea, mentres as nosas persoas maiores están desatendidas”, replicou. O alcalde pide solucións urxentes porque “estamos falando da vida e da saúde dos persoas, temos que denunciar esta situación para que todo o mundo coñeza a calidade das políticas que impulsa o PP na Montaña, que non é outra que deixar sen médico aos nosos veciños”, sentenciou Braña.

Pola súa parte, a responsable nacionalista local, María Fernández, recrimínalle ao PP as “ocorrencias” para reforzar os servizos durante o verán “ocorrencias que á Fonsagrada nin chegan”. Temos que ter en conta que a poboación na montaña lucense aumenta durante o verán co cal a presión asistencial vai ser maior e o persoal sanitario diminúe pois precisan das súas vacacións e non van ser cubertas.

Ademais denuncian tamén que Negueira de Muñiz xa quedou sen ningún médico “O parche” que puxo a Xunta de Galiza durante 2 meses chegou ata aquí, agora xa non teñen ningún médico “Só estamos reclamando o que o que había, nin máis nin menos”, recordou Fernández e tamén reclamamos as “medidas estruturais necesarias no centro de saúde para que se poidan prestar nel os servizos de radioloxía e fisioterapia, evitando deste xeito o desprazamento da veciñanza a outros municipios”.

Aseguran que se seguirán mobilizando porque “Se esta é a Galicia que funciona apaga e vámonos, non podemos permitir a perda dun servizo máis, a Xunta ten que facilitar a vida a todas e todos os que viven no rural e un dos principais servizos é a atención sanitaria, por iso non lle imos ao PP ningún ataque máis a atención primaria nos nosos concellos”.

0.11325001716614