Deportes oferta máis de 3.000 prazas para cursos de natación

LugoXa
Nas clases para crianzas, de periocidade trimestral, poderán participar 1.
jorge bustos psoe deportes portaa
31 Ago 2023

Nas clases para crianzas, de periocidade trimestral, poderán participar 1.278 nenos e nenas mentres que nas de adultos existen un total 1.746 matrículas dispoñibles.

Para esta tempada a área de Deportes oferta un total de 3.024 prazas nos diversos cursos desta disciplina deportiva que se impartirán nas piscinas de Frigsa e As Pedreiras ata xuño de 2024. Nas clases para crianzas, de periocidade trimestral, poderán participar 1.278 nenos e nenas mentres que nas de adultos existen un total 1.746 matrículas dispoñibles.

O Goberno local aposta, un ano máis, por conxelar as taxas co obxectivo de favorecer o acceso ás dotacións e promover hábitos de vida saudable entre a poboación. Deste xeito os prezos quedan fixados en 18.40 euros por mes para a matrícula infantil e 22.90 para adultos. “A calidade dos equipamentos deportivos municipais permítennos articular un completo programa de natación accesible a toda a poboación onde ofertamos distintos niveis de dificultade e que abarca absolutamente todas as franxas de idade. Este ano, como é habitual, impartiremos cursos de aprendizaxe, iniciación e perfeccionamento para crianzas. Tamén para adultos ofértanse estes tres graos de desenvolvemento pero ademais teremos clases específicas de natación saúde, cursos para embarazadas e nado con aletas”, explica o edil de Deportes, Jorge Bustos.

“O nivel dos monitores, unido aos prezos públicos contidos, fai que exista unha gran demanda desta actividade que xa é un dos buques insignia da nosa programación”, explica o edil. Así, o calendario establece tres períodos: o primeiro de outubro a decembro, outro desde xaneiro a marzo e o último que abarca desde o mes de abril ata xuño. O prazo de inscrición comeza o próximo mércores 6 de setembro e remata o día 11 ás 14 horas. Os interesados deben presentar os impresos en Frigsa ou na piscina das Pedreiras. Posteriormente, a matrícula formalizarase entre o 18 e o 21 de setembro nas instalacións do parque da Milagrosa. “É unha actividade moi solicitada, polo que en caso de que queden prazas libres ofertáranse de novo en dúas quendas posteriores das que os interesados poden informarse a través das distintas canles do Concello”, explicou Bustos.

jorge bustos psoe deportes
0.16447615623474