Deportes realizará no Anexo novos traballos de prevención ante as tormentas

LugoXa
Deportes realizará novos traballos de prevención para mellorar as condicións do Anexo ante tormentas excepcionais
INUNDACION ANEXO TORMENTAS
5 Xuño 2023

A área de Deportes realizará unha intervención de emerxencia para mellorar a capacidade de evacuación de agua dos canlóns e das baixantes do Anexo. Unha actuación preventiva coa que se pretende minimizar a entrada de auga ao recinto, en caso de choivas excepcionais como as que se produciron onte.

O edificio ten unhas características estruturais que fan que a auga que reborda os canlóns se filtre ao interior do recinto. Nos últimos meses, realizáronse os traballos de limpeza e mantemento pero a acumulación de auga de onte -30 litros por metro cadrado en 20 minutos, segundo o rexistro da estación de Meteogalicia no Campus de Lugo-, acompañada por saraiba, volveu provocar a entrada de auga. A nova actuación consiste en reforzar os canlóns e habilitar aliviadeiros para dirixir, no posible, a evacuación dos pluviais cara ao exterior do edificio.

Na xornada de hoxe, mentras remata o secado da pista, suspendeuse a actividade prevista no Anexo (adestramentos de equipos de base de Estudiantes, Ensino e Cidade de Lugo). O servizo de Deportes mantén contacto cos clubs usuarios para informar da dispoñibilidade das instalacións.

Renovación do pavimento

A área de Deportes adxudicou a pasada semana a renovación do parqué das pistas do Anexo, cun investimento de 320.000 euros. A madeira elavarase sobre a base de formigón, creando unha cámara que evitará que entradas de auga accidentais danen o pavimento.

0.20225596427917