Deportes renova o peche perimetral das pistas de Viana do Castelo

A concellería de Deportes que dirixe Jorge Bustos renovou o peche das pistas deportivas da praza Viana do Castelo. Os traballos, que responden a unha demanda veciñal, teñen por obxectivo garantir a seguridade da contorna.
Deste xeito, a mocidade poderá seguir gozando da instalación con todas as garantías e se minimiza o risco de que un balón poida xerar perigo entre as persoas viandantes ou os vehículos que transitan pola zona.