Deportistas do Club Biosbardo participan na Ultra Sanabria
O C.D. Biosbardo desprazouse esta fin de semana a Zamora para disputar a Ultra Sanabria, unha carreira de montaña onde se reúnen os corredores de máis nivel do panorama nacional así como deportistas de outros países coma Portugal, Francia ou Italia. Esta proba dispútase nun formato por etapas o longo de tres días de competición consecutivos.
A parella do Biosbardo formada por Enara Fernández e Eneko Hurtado realizaron unha gran competición de parella mixta no Gran Trail no que percorreron 62 quilómetros con mais de 3000 metros de ascenso. A parella debía percorrer tódalas etapas xuntos sen poder distanciarse máis de un minuto e realizaron unha gran traballo en equipo para rematar segundos na clasificación xeral de parellas mixtas.
Na mesma modalidade do Gran Trail, Jonathan Pérez remataba na décimo sexta posición masculina. O deportista, natural de Pedrafita, perdeu o top 10 na última xornada a causa duns problemas dixestivos pero acada un gran resultado na súa estrea nesta proba.
A proba raíña da competición o Ultra Sanabria, que conta con 114 quilómetros e 6000 metros de ascenso, foi Campionato de España Ultra por etapas da
Este ano a proba raíña de Ultra Sanabria con 114 quilómetros e 6 mil metros de ascenso, foi Campionato de España Ultra por etapas da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada. Iván Sangiao membro do club Biosbardo acadou un 8ª posto absoluto comandando unha vez máis a expedición galega.