Deron comezo os traballos de humanización de Fingoi de Abaixo

LugoXa
Comenzaron los trabajos de humanización en el barrio de Fingoi de Abajo en Lugo que tienen un coste total de 111.979 euros.
ruben arroxo fingoi abaixo
3 Mar 2022

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que veñen de comezar os traballos de humanización de Fingoi de Abaixo, onde se aplicará o modelo de plataforma única, que permitirá adicar o espazo ao tránsito peonil sen afectar ás prazas de estacionamento da zona. "Trátase dun proxecto importante para a mellora da accesibilidade no barrio, no que apostamos polo modelo de plataforma única con preferencia peonil, dado que se trata dunha zona na que o tráfico maiormente é residencial", explicou Rubén Arroxo.

Na actualidade, as beirarrúas da zona non chegan a cubrir o ancho mínimo esixido pola lexislación, e o asfalto conta cunha banda de rodadura moi deteriorada, o que afecta tanto á seguridade viaria como á capacidade de evacuación de augas pluviais. O Tenente Alcalde explicou que “o modelo de plataforma única que se vai aplicar nestas zonas demostrou a súa viabilidade en rúas estreitas como as de Fingoi de Abaixo”

Xunto coa transformación da zona, renovarase tamén o alumeado público, avanzando na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores á instalación actual, e cunha tonalidade máis agradable. Rubén Arroxo explicou que "o novo alumeado mellorará a seguridade da zona, ao contarse cunha iluminación máis uniforme, ao mesmo tempo que se mellora a estética da zona e se reduce o consumo enerxético".

A actuación supón un investimento de 111.979€ e terá un prazo de execución de 4 meses.

0.16383600234985