Derruban unha caseta en desuso na carballeira de Fingoi tras as queixas dos veciños

LugoXa
Situada na parte peonil da carballeira de Fingoi e nas inmediacións do aparcadoiro de Campos Novos, a actuación pretende evitar problemas de convivencia
Caseta_Carballeira_lugo
25 Jun 2024

O Goberno Local derrubou, atendendo ás petición veciñais, unha caseta en desuso situada na parte peonil da carballeira de Fingoi e nas inmediacións do aparcadoiro de Campos Novos, para evitar problemas de convivencia. A propia alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a concelleira de Cohesión Social, Ana Abelleira, supervisaron o inicio da actuación para eliminar a infraestrutura co obxectivo de evitar que se seguisen producindo actos incívicos dentro dela.

Os operarios do Servizo de Vías e Obras demoleron o inmoble, fora de servizo dende hai tempo, para mellorar as condicións de seguridade e salubridade na zona, ademais de suprimir un elemento que confrontaba coa paraxe a nivel estético. “A carballeira é un dos tesouros verdes cos que temos a sorte de contar na área urbana de Lugo e, como tal, temos que coidala. A caseta, alén dos problemas de convivencia que puidera xerar, no supoñía un elemento que harmonizase coa riqueza paisaxística da paraxe”, apuntou a rexedora.

“Unha das nosas principais inquedanzas é solucionar os problemas de convivencia dos lucenses e as lucenses, por iso decidimos actuar do xeito máis áxil posible despois de estudar con detemento as peticións que recibimos dos veciños da contorna”, rematou a rexedora. Unha vez rematados os traballos, os operarios do Servizo de Parque Móbil retiraron e clasificaron os residuos para a recuperación da normalidade no espazo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18342399597168