Desde a Plataforma 'Lugo...Non Quere Cheiros!!' promoven unha concentración diante do novo auditorio Fuxan Os Ventos

LugoXa
Convocan a todas as persoas interesadas para continuar coa loita e contra a instalación da Planta de Biogas – Biometano na parroquia de Coeses
manifestación_coeses
20 Dec 2024

Desde a Plataforma 'Lugo...Non Quere Cheiros!!' convocan unha concentración diante do novo auditorio Fuxan Os Ventos para este venres, 20 de decembro, ás 19.00 horas.

A Plataforma, formada pola Federación de Veciños 'Lucus Augusti' e representantes das parroquias de Cuíña, Piugos, Soñar, Ribas de Miño etc., convocan a todas as persoas interesadas para continuar coa loita e contra a instalación da Planta de Biogas – Biometano na parroquia de Coeses.

"Tamén lembramos que seguimos pendente dos informes da Xunta de Galicia. Nos próximos días anunciaremos importantes accións que imos realizar para que dita planta non se instale", explicaron desde a Plataforma.

⚙ Configurar cookies
0.49272012710571