Desenvolverán un curso de primeiros auxilios en Rábade o 30 de maio
O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha formación de primeiros auxilios en Rábade dirixido á poboación en xeral que terá lugar o 30 de maio no centro sociocultural de Rábade entre as 16.30 e as 19.30 horas. Esta actividade enmárcase no programa do servizo denominado “Boa Saúde” dirixido a promover hábitos saudables entre a poboación dos distintos Concellos
O obxectivo xeral é adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos. Aclarar dúbidas referentes á utilización do DESA, da RCP ou actuación fronte a atragoamentos.
O programa inclúe a atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes como reanimación cardiopulmonar básica: atragoamento, recoñecemento dunha PCR e manexo do desfibrilador semiautomático DESA.
O curso está a cargo de Carmen Álvarez Arias, enfermeira da Asociación Afalu e está dirixido á poboación en xeral.
A inscrición está aberta ata o 27 de maio a web da escola galega de saúde, o mail prevenciondrogas@rabade.org ou no
Concello de Rábade, servizo de prevención de drogas no teléfono 982 390 062.