Desestiman a demanda pola venda de varias parcelas en Paradai

LugoXa
Un xulgado de Lugo envía á orde civil a demanda presentada polo adxudicatario do concurso público de venda de varias parcelas en Paradai
barrio-Paradai-Lugo
Barrio de Paradai
15 Maio 2024

O xulgado contencioso-administrativo número 2 de Lugo vén de enviar á orde civil a demanda presentada polo adxudicatario do concurso público de venda de varias parcelas en Paradai no ano 2007. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “José Tomé non evitou ter que pagar unha indemnización” ao demandante, xa que o único que dixo o xuíz na súa sentenza é que “esta demanda é un asunto da xurisdición civil” polo que non entra a valorar o fondo do asunto.

Ante esta situación, Ameijide afirma que o “Garañón 3” que o PSOE e o BNG están a xerar en Lugo porque a indemnización que reclama o adxudicatario da venda pública dos terreos “segue pendendo” sobre a Deputación de Lugo. “Insisto, o único que fixo o xulgado é trasladar a demanda de sala. En ningún intre dixo que non hai lugar á indemnización”, afirmou.

Ameijide advirte que esa indemnización que pode ter que pagarse ao demandante será a suma da cantidade xa pagada por el, ademais do lucro cesante e os intereses de demora, como se está a reclamar no Garañón e xa sucedeu na Fábrica da Luz. “Curiosamente estas tres reclamacións teñen aos mesmos actores en común: Gómez Besteiro, Lara Méndez e gobernos do PSOE e do BNG á fronte de Concello e Deputación de Lugo”, rematou.

0.19386386871338