Destinados 19.000 euros no campo de fútbol de Portomarín

LugoXa
A Deputación destina 18.720 euros nos traballos para instalar unha rede de protección que pecha o campo de fútbol de Portomarín.
campo de futbol
22 May 2021

A Secretaría Xeral para o Deporte investiu 18.720 euros nos traballos para instalar unha rede de protección que pecha todo o perímetro do campo de fútbol de Portomarín. 

Por parte da deputación explicouse que a achega do Goberno galego supón o 80% do orzamento da actuación, asumindo o concello 4.700 euros ata sumar os 23.400 euros de custo total. Neste sentido, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte participa neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base, sendo consciente da importancia da súa colaboración económica para que as administracións locais poidan afrontar obras que favorezan a práctica deportiva.

No caso concreto do municipio de Portomarín, dispón dunha zona deportiva na que se sitúa o campo de fútbol, unha instalación referente e moi utilizada polos veciños e veciñas pero que carecía de protección exterior, xa que fora preciso retirala debido ao seu deterioro. O novo peche de malla mide 150 metros de lonxitude e ten unha altura de seis metros.

Dentro da súa planificación, a Secretaría Xeral para o Deporte apoia aos concellos na construción ou mellora de instalacións deportivas, “para poñer á disposición da cidadanía servizos de calidade que fomenten o deporte e un estilo de vida saudable”.

0.16926717758179