Destínanse 30.000 para acondicionar un inmoble municipal en Queizán, en Navia de Suarna

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes achegou 30.
Inmoble Queizan Navia
7 Dec 2023

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes achegou 30.000 euros ao Concello de Navia de Suarna a través da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) para acondicionar un inmoble municipal situado en Queizán.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado do alcalde de Navia, José Fernández, de veciños de Queizán e de concelleiros deste municipio, comprobou o resultado da actuación, que tiña por obxecto renovar as instalacións e incrementar a eficiencia enerxética.

O proxecto contemplaba mellorar a envolvente térmica de todo o recinto, incluída a substitución das carpinterías exteriores; ademais de instalar unha estufa de biomasa para subministrar calefacción e auga quente sanitaria. Deste xeito, un inmoble que estaba en mal estado de conservación poderá ser recuperado para o uso público.

Arias lembrou que o ano pasado, a Xunta concedeu 30.000 euros través do mesmo programa para levar a cabo obras de mellora da eficiencia enerxética na casa consistorial de Navia de Suarna.

0.2141740322113