Destínanse máis de 450.000 euros ás obras de mellora e conservación da Muralla de Lugo
A voceira do Grupo Popular Elena Candia e o concelleiro Agustín Gallego visitaron xunto con representantes da Xunta os cubos onde se van a levar a cabo traballos de restauración e conservación, un labor ao que Administración autonómica destina máis de 450.000 euros. Trátase do cubo XVIII e do lenzo do cubo LXXI cuxa acta de recepción se asinará o vindeiro luns.
As melloras desta intervención, que forman parte do Plan de conservación e xestión da Muralla, tamén inclúen e revisión do pavimento, a reposición das luminarias así como a limpeza a man da vexetación, tanto do adarve como da parte exterior do monumento. O prazo de execución desta intervención son de 12 meses.
O grupo municipal explica que valorar e coidar o noso patrimonio é “esencial para preservar a identidade da historia de Lugo”, facendo un chamamento á cidadanía para manter en bo estado a Muralla. “Temos o privilexio de contar cun monumento recoñecido pola Unesco como patrimonio da humanidade e polo tanto é responsabilidade de todos os lucenses contribuír no seu coidado”.