Detectado un terremoto de 3,4 graos en Láncara

LugoXa | SarriaXa
A zona centro da provincia de Lugo sacudiuse hoxe, ás 19.35 horas cun pequeno terremoto con epicentro en Láncara.
terremoto lancara
6 sep 2021

A zona centro da provincia de Lugo sacudiuse hoxe, ás 19.35 horas cun pequeno terremoto con epicentro en Láncara. O tremor notouse en toda a zona centro da provincia e acadou unha intensidade de 3.4 grado.

O terremoto tivo lugar a 10 quilómetros de profundidade.

Ás 19,47 detectouse un segundo tremor, de máis baixa intensidade, 2,7, con epicentro en Triacastela.

0.20503091812134