Diego As, campión compartido do concurso organizado pola Liga Nacional de Graffitis

LugoXa
O xurado das Graffiti Battles decidía outorgar unha vitoria compartida entre Diego As e NexGraff, que tiveron uns 8.000 votos cada un nas redes sociais.
diego-as-grafiti-empate
5 Abr 2021

Este luns déronse a coñecer os resultados das votacións da final das Graffiti Battles, organizadas pola Liga Nacional de Graffiti, e na que participaba o lucense Diego Anido Seijas, máis coñecido como Diego As.

Logo dunha votación popular moi rifada a través das redes sociais, con ao redor de 8.000 votos cada finalista, o xurado decidía, de xeito extraordinario, outorgar unha vitoria compartida entre Diego As e o vasco NexGraff.

"Vendo o traballazo feito polos dous participantes, o igualado que estivo en técnica, en limpeza, en orixinalidade, tamén vendo o igualado que estaba nos votos do público esta mañá... tomamos a decisión de dar un empate técnico", explicaban os organizadores do certame. "Os dous son gañadores destas primeiras Graffiti Battles, os dous vanse levar o diploma como gañador e pasarán a formar parte da Liga Nacional de Graffiti".

Diego As competía na final coa obra 'New Virus Like', un mural de 5x5 metros que realizou na Casa da Xuventude de Lugo.

diego-as-concurso-graffitis-final-2
0.096337080001831