Dimite a xunta directiva do Muralla Rugby Club

LugoXa
O pasado 20 de maio, Juan Pedro Ortiz Sanz presentou a súa dimisión irrevocable como presidente do Muralla Rugby Club.
muralla rugby
31 Maio 2021

O pasado 20 de maio, Juan Pedro Ortiz Sanz presentou a súa dimisión irrevocable como presidente do Muralla Rugby Club. Así mesmo, ao día seguinte tamén o fixeron os vocais da xunta directiva, José Antonio Carro e Ventura Sobrido. Este último seguirá como responsable de desenvolvemento da sección de Touch Rugby.

Dende o clube agradécenlles os dous anos que levan traballado e colaborando co equipo.

A pesar da dimisión, a xunta directiva seguirá ao fronte do clube provisionalmente ata que sexa convocada a Asamblea Xeral e eleccións á presidencia.

escudo muralla rugby
0.10685682296753