Dispoñibles varios programas para a rehabilitación de inmobles en Baralla
Xa se artellaron unha serie de programas dirixidos ás administracións locais para axudalos á posta en marcha de actuacións de rehabilitación de inmobles cos que facilitar vivenda pública.
Vázquez Mejuto e González Piñeiro mantiveron un encontro esta semana para coñecer os proxectos da Administración local, así como as posibilidades ao seu alcance para incrementar o parque actual de vivendas socias.
A conselleira de Medio Ambiente indicoulle que nestes momentos aínda está aberto o Fondo de Cooperación, ata o vindeiro 1 de outubro, un programa pensado para os concellos de menos de 50.000 habitantes. No caso de que o Concello se acolla a unha axuda desta liña de conservación, facilítase un crédito sen xuros para recuperar e definir novos usos en inmobles que están infrautilizados.
Outra das liñas de actuación é o programa de para a vivendas de titularidade municipal que, aínda que xa pechou a convocatoria deste ano, pode ser de interese do Concello nos vindeiros exercicios.