Diversos concellos do sur de Lugo organizan un Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
Os Concellos de Chantada, O Saviñao, Taboada, Friol e Carballedo organizan un Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar para distintas datas entre marzo, abril e maio.
Cros Chantada
15 Mar 2024

Os Concellos de Chantada, O Saviñao, Taboada, Friol e Carballedo organizan un Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar para distintas datas entre marzo, abril e maio.

Este evento de promoción deportiva dirixida ao atletismo permitirá participar a nenos e nenas destes concellos nas diferentes categorías que se recollen: benxamín (nados en 2016-2015), alevín (nados en 2014-2013), infantil (nados en 2012-2011) ou cadete (nados en 2010-2009).

Así, os diferentes concellos acollerán estas probas en diferentes datas: Carballedo será o primeiro concello no que se desenvolva a proba o 22 de marzo, despois será Friol, o 5 de abril; logo, Taboada, o 12 de abril; despois O Saviñao, o 19 de abril; e por último, Chantada, o 4 de maio.

Nesta proba a participación e os desprazamentos son gratuítos e as inscricións deberán realizarse antes do día 20 de marzo (incluído). Para a puntuación débese participar en 4 carreiras.

0.19916892051697