Do 22 de agosto ao 9 de setembro celebrarase unha nova edición da Mostra de Teatro Amador de Palas De Rei
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira, xunto coaas encargadas do apartado de Produción Ana García Negro, Estrela Blanco Taboada, Xosé Eixo Branco, André Vázquez García, Mercedes Irago García, María Xosé Mourenza García e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas presentaron a XXIV Mostra internacional de teatro Amador de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago que está organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.
A Mostra é un referente dentro do panorama de Teatro Amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de trescentas compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia, Venezuela... Nesta vixésimo cuarta edición participarán compañías de Galicia e Cataluña.
Todas as funcións serán ás 20.00 horas na casa de cultura de Palas de Rei, excepto a do venres 1, de setembro, que terá lugar no Parladoiro de Arqueixal, na aldea de Santiago de Albá, ás 20.30 horas; o sábado, 2 de setembro, que se celebrará a ruta teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de CURBIÁN e que principaiará ás 10:00 horas no campo da festa desta aldea.
O sábado, 2 de setembro, ao longo da xornada de Son D’aldea, entregarase o XVIII Premio Careón á escritora Andrea García Martínez en recoñecemento ao seu labor como escritora, dinamizadora da cultura galega e defensora do mundo rural.
Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXIII Premio Mácara a Rubén Riós pola súa traxectoria profesional como actor, director e produtor e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural.
O sábado, 26 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o VI Premio Garabato á conservación do patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural, dotado con 1000 euros e figura ao Semente Lugo – Escola de Ensino Galego.
PROGRAMACIÓN
- MARTES, 22 DE AGOSTO.
GRUPO: Obradoiro Municipal de Teatro de Palas De Rei, de Palas de Rei.
OBRA: As maletas dos contos viaxeiros. - MÉRCORES, 23 AGOSTO.
GRUPO: LIL TEATRO.
OBRA: Rara avis. - XOVES, 24 AGOSTO.
GRUPO: Curuxán Teatro
OBRA: Serendipia. - VENRES, 25 AGOSTO.
GRUPO: Grupo teatral Faro Miño, de Chantada.
OBRA: Ave - Krem. - SÁBADO, 26 AGOSTO.
GRUPO: Metátese Teatro.
OBRA: Unha parada obrigada. - DOMINGO, 27 AGOSTO.
GRUPO: Teatreiras, de Monforte
OBRA: Inseguridade social. - MARTES, 29 DE AGOSTO.
GRUPO: A carballeira.
AUTOR/-A: Creación colectiva.
OBRA: Mortos de risa. - MÉRCORES, 30 DE AGOSTO.
GRUPO: Coles Teatro.
AUTOR/-A: Creación colectiva.
OBRA: Unha voda inesperada. - XOVES, 31 DE AGOSTO.
GRUPO: Alentía Teatro.
AUTOR/-A: Creación colectiva.
OBRA: Contos na escada. - VENRES, 1 DE SETEMBRO.
GRUPO: Avelino González.
OBRA: Contos de aldea.
HORARIO: 20:30 horas.
LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá. - SÁBADO, 2 DE SETEMBRO.
GRUPO: XII Son D’Aldea
OBRA: A despedida. - DOMINGO, 3 DE SETEMBRO.
GRUPO: Teatre del Talión (Lleida).
AUTOR/-A: Pedro Muñoz Seca.
OBRA: La venganza de Don Mendo. - VENRES, 8 DE SETEMBRO.
GRUPO: Noite Bohemia.
AUTOR/-A: Eurípides.
OBRA: Medea. - SÁBADO, 9 DE SETEMBRO.
GRUPO: Esteta Teatro.
AUTOR: David Vázquez.
OBRA: Escándalo’s club.
XXIII Premio Mácara: Rubén Riós.
XVIII Premio Careón: Andrea García Martínez.
VI Premio “Garabato á conservación do patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiros Toural: Semente Lugo – Escola de Ensino Galego.