Doce rapaces representarán ao CB Breogán na Fase Previa da Minicopa Endesa da ABC
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, asistiron ao último adestramento na cidade de Lugo do equipo da Fundación Breogán, que representará ao CB Breogán na Fase Previa da Minicopa Endesa da ABC, que se disputará en Tarragona do 6 ao 8 de decembro.
A formación compóñena doce rapaces de categoría infantil procedentes de clubs de toda a provincia, aos que Arias lles desexou “moita sorte nesta experiencia única, na que de seguro demostraredes o excelente nivel do deporte de base na nosa provincia”.
O equipo da Fundación Breogán resultou encadrado no Grupo B, xunto ao UCAM Murcia Polymec, o Unicaja de Málaga e o Cochesinternet Lleida. O primeiro de cada grupo clasificarase directamente para a fase final, que se disputará durante a Copa do Rei.